
Poesía Contemporánea - Chus Pato - Textos - Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Ficha do autorpero unha voz adentrada componse de todos os textos escritos, lidos por eses ollos-voz, de
todo o que levamos falado, de todo o que non é verbal (audible)
agardamos ordes, é así como escribimos?
dicimos é un poema inspirado
escoitamos a súa voz (a do poeta)
agardamos ordes, instruccións desa voz reclusa, inspirada, do poeta
damos gracias á deidade por esta concordancia entre o símbolo e a cousa, entre a linguaxe
e as cousas
**
alguén máis ca min podería sentir esta dor?
é privada a linguaxe na que expresamos os nosos sentimentos?
é privada a lingua na que escribo?
os cisnes, non están
vai demasiada calor